Xa está en marcha unha nova tempada de tecnificación provincial

Un programa cunha ampla estrutura que inclúe 20 clubs e 34 técnicos ao servizo de 85 nenos e nenas seleccionados despois das probas de acceso celebradas en setembro. Toda esta estrutura está coordinada e supervisada desde FGTenis.

Coa tecnificación provincial, o FGTenis ofrece bolsas semanais de adestramento para xogadores e xogadoras. A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ferrol son as áreas nas que se desenvolven os adestramentos.
 
Dende FGTenis queremos agradecer o traballo realizado polos técnicos e a colaboración ofrecida polos clubs de tenis para que os nenos e nenas poidan gozar deste programa.
 

 

Xa está en marcha unha nova tempada de tecnificación provincial

Comparte