XXVI Gala do Tenis 2014 - 4 de xaneiro de 2015

O Auditorio Municipal de Ribeira foi o escenario da XXVI edición da Gala do Tenis de Galicia, nun acto no que se entregaron os premios da tempada e ao que asistiu Víctor Reiriz, concelleiro de Ribeira, entre outros representantes de institucións e membros da Federación Galega de Tenis, encabezada polo seu presidente, José Antonio Pereiro.

Durante a Gala, os asistentes puideron vivir momentos de gran emoción, coa homenaxe a Miguel Casal Arantes, no que familiares, amigos e líderes da Federación quixeron premiar a este gran tenista, persoa e colega.

A Federación quixo recoñecer a súa gran traxectoria, creando un novo premio dedicado ao xogo limpo que levará o nome de Miguel Casal e que este ano foi concedido a un novo xogador da SD Aldea Nova, Saul Berdullas Calviño.

 

 

O club de tenis Coruña destacou no capítulo por equipos, gañando gran parte dos premios autonómicos e recibindo o premio ao mellor club rexional.

 

Roberto Rodríguez Vázquez e Valeria López Pérez obtiveron os premios aos mellores xogadores autonómicos da tempada.

 

O laudo arbitral recaeu no árbitro da categoría de placa branca galega, Andrés Ramos Porto.


A Federación tamén quixo agasallar aos tenistas de cadeira, Martín De la Puente, Álvaro Illobre e Juan Gutiérrez e aos nenos Tomás Currás, Simón Arca, Luis E. Fernandez e Rafa Izquierdo por todos os éxitos acadados durante o 2014 a nivel nacional .

 

A continuación fornecemos a ligazón á galería de fotos:

 


Documentos

Comparte