Vigoland 2018

Onte tivo lugar a presentación de Vigolandia, a feira infantil de lecer e deporte en Vigo. A Federación Galega de Tenis, como cada ano, colabora con 4 pistas MiniTenis para promocionar o noso deporte entre os miles de nenos e nenas que se achegan ao recinto feiral de Vigo durante as festas para gozar de todas as actividades.

Ademais de tenis e outras actividades deportivas, cabe destacar un inchable de 140 metros e o concurso de minichef.
 
Vigolandia abrirá as súas portas o mércores 26 de decembro de 16 a 20 horas e de 27 a 30 horas, ambos inclusive, do 12 ao 20. O prezo das entradas é de 5 euros.
Comparte