Vigoland 2014

O pasado Nadal tivo lugar no IFEVI «Vigolandia», unha feira de ocio e deportes onde a Federación Galega de Tenis colaborou con 5 pistas de mini-tenis.

 Os asistentes a Vigolandia, nenos e pais, puideron gozar da práctica do noso deporte nestas pistas. Axudados por monitores da Escola de Tenis Samil, celebráronse xogos e pequenas competicións para promocionar o tenis na cidade de Vigo.

Este evento promocional contou cuns 20.000 asistentes durante os cinco días de actividade.

O desenvolvemento de actividades deportivas, talleres de pintura, circuítos de coches e bicicletas, tobogáns xigantes e outro tipo de ofertas dirixidas aos máis pequenos da casa, fan deste evento un referente nestas festas.

Crónica de Pablo González.

 

 

Comparte