Viaxe a Valencia Tecnificación Competitiva Rexional (TRC)

Coa derrota onte de Celia Montero contra a número 1 da táboa Noelia Bouzo por 6-1 6-0, remata a participación dos xogadores galegos nos torneos de referencia Rafa Nadal e Marca de Valencia.

Os obxectivos que nos fixamos con este programa vanse cumprindo xa que aos poucos os xogadores van gañando experiencia neste tipo de competicións, mellorando os seus resultados, tomando referencias respecto aos xogadores destacados e creando un grupo de xogadores motivados e implicados co tenis.
Marco A. Casal
 
 
Rafael Nadal Tour Valencia
Datas: do 11 ao 17 de maio
Lugar: Club de tenis español
Categoría Xuvenil e Infantil
 
 
Resultados 12/05/2015:
- Uxía Martínez derrota a Alba Pérez por 6-1 6-1 
- Ignacio Varela perde contra Mario Donati por 6-2 6-1.
 
Resultados 13/05/2015: Pola mañá Uxía Martínez xogou un bo partido contra Laia Conde, cun primeiro set pelexado e con opcións e un segundo set que comezou igual pero do 3-2 en contra, algúns erros non forzados de Uxía fixeron que Laia deixase no marcador e pechou o xogo por un 6-4 6-2. 
 
As táboas e os horarios pódense consultar no seguinte enlace:

 

Marca Valencia
Datas: do 11 ao 17 de maio
Lugar: Club de tenis Carlet
Categoría Cadete
 
 
Resultados 12/05/2015:
- Celia Montero derrota a Yulia Almirón por 6-2 6-3. 
- Jesús Bouza perde contra SURESH KUMAR 6-1 6-0.
- David Rodríguez perde contra Carlos Terrés por 6-2 6-0.
- Roberto Lage perde contra Guillermo Tendero por 6-1 e 6-0
 
 
Resultados 13/05/2015: Onte Celia Montero gañou o seu partido con esforzo e determinación ante unha feroz Laura Costa que buscou varias alternativas tácticas para sorprender a Celia, que se adaptou ben a estes cambios, pechando o encontro 6-4 6-3. Hoxe enfróntase á número 1 do equipo Noelia Bouzo ás 18:00 horas.
 
 
 
As táboas e os horarios pódense consultar no seguinte enlace:

 

Comparte