Últimas prazas para o Curso de Técnico Nivel 1

Está aberto o prazo de inscrición para que os interesados ​​poidan realizar o bloque específico e o bloque de prácticas do curso de técnico de nivel 1.

Para finalizar a formación será necesario que o alumnado achegue o Bloque Común; se non o dispón, deberán inscribirse cando exista unha nova convocatoria na que terán prioridade, ou cursalo nunha academia privada.

Características:

O curso de técnico de nivel 1 ten 3 bloques:

  • Bloque Común, que deberá achegarse se xa o teñen, cursalo nunha academia privada ou inscribirse cando haxa unha nova convocatoria.
  • Bloque específico (en liña e presencial) (Federación Galega de Tenis)
  • Bloque de prácticas (Federación Galega de Tenis)

Para acceder ao curso son necesarios os seguintes requisitos:

  • Certificado de ESO ou superior (ou ter superada a proba de madurez).
  • Ter máis de 16 anos.
  • Superar a proba de capacitación específica de tenis.

Datas:

FORMACIÓN ONLINE (Os alumnos terán acceso a unha plataforma, con algúns exercicios de cada bloque de contidos, ademais de ter un día para titoría en liña)

  • Semana 1
    • 12-18/02
  • Semana 2
    • 19-25/02
  • Semana 3
    • 26/02 ao 3/03
  • Semana 4
    • 4-10/03
  • Semana 5
    • 11-14/03
  • Semana 6
    • 8-14/04
  • Semana 7
    • 15-21/04
  • Semana 8
    • 6-12/05
  • Semana 9
    • 13-19/05
  • Semana 10
    • 20-26/05

FORMACIÓN PRESENCIAL (de 9:00 a 14:00 horas)

  • Semana 11
    • 17-18-19-20-21/06
  • Semana 12
    • 26-27/06

EXAMES

  • Convocatoria ordinaria
    • 27/07/2024
  • Convocatoria extraordinaria
    • 14/09/2024.

As prazas son limitadas polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición a través do seguinte formulario:

O prazo de inscrición remata o 2/02/2024 ás 23:00 h.

Bloque específico

Este bloque será desenvolvido pola Federación Galega de Tenis.

É importante consultar a Guía do Alumno do Bloque Específico para coñecer os requisitos e a programación do curso.

  • O custo do bloque específico é de 650 €.

Bloque de prácticas: 

Este bloque desenvolverase nalgunha escola homologada para realizar as prácticas cun total de 150 horas. Este bloque pódese validar se tes un contrato laboral cunha duración superior a 6 meses como técnico de tenis.

Comparte