Trofeo Nacional Goofy Sport

Lánzase a XXIV edición do Sport Goofy Trophy, campionato nacional de tenis infantil masculino e feminino, clasificándose para o Cto europeo infantil que se celebrará en xullo.

 

Os días 14,15,21,22,28 e 29 de abril celebrarase a fase autonómica galega no Real Aero Club de Santiago. A RFET será a responsable de calcular o número de xogadores que se clasificarán para a fase nacional, segundo o número de licenzas.

A fase final será no Club de Tenis Albacete do 29 de maio ao 3 de xuño.

A continuación fornecemos un enlace para que vexades o cartel desta edición.

Comparte