Tomás Currás gaña o XXI Open absoluto da cidade de Pontevedra

Tomás Currás Abasolo xogador do Real Club Náutico de Vigo este domingo foi campión do XXI Open Ciudad de Pontevedra.

Comezou en oitavos de final superando a Manuel Villanueva 6/2 6/1, logo en cuartos de final contra Roberto Rodriguez (actual campión galego absoluto) o 6/3 6/4.
En semifinais gañou a Manuel Santome por 6/1 6/1, e na final enfrontouse a Miguel Casal (actual subcampión galego absoluto) ao que gañou por 6/3 64.
 
Destacar o gran torneo de Tomás sen renunciar a un só set, nunha mesa onde estaban os mellores tenistas galegos.
 
O xogador dixo estar moi feliz de dar este paso e agradeceu a organización do torneo.
 
 
Comparte