Tomás Currás, Adrian Fariña e Aldara Calvo en Master Box España de Tenis

Tomás Currás Abasolo, Adrian Fariña Mosquera e Aldara Calvo Rivas participaron o pasado mes de outubro no Master Nacional do III Circuíto Caja España de Tenis Xuvenil celebrado en Valladolid.

Por unha banda, Adrian Fariña Mosquera chegou ás semifinais do equipo alevín, pero non puido superar a Pelayo Antuña, xogador número 4 no ranking nacional da súa idade.

No cadro alevín feminino, Aldara Calvo Rivas perdeu co cabeza de serie número 3, por 64 62 tendo unha moi boa actuación no seu primeiro torneo deste nivel.

Tomás Currás Abasolo foi o subcampión do equipo masculino máis novo, despois de enfrontarse na final ao burgalés Nicolás Álvarez; o resultado 54 42.

 

Imaxe activa

 

Comparte