Tenis na escola 2017-2018

O programa tenis na escola é un programa promocional que busca achegar o tenis ás escolas de Galicia. A través deste programa queremos resolver un dos principais problemas aos que se enfrontan as escolas para impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico para o tenis.

Dende a Federación Galega de Tenis ofrecemos aos colexios de primaria, secundaria, ESO e Bacharelato a posibilidade de recibir a transferencia dun paquete de material (25 raquetas e 25 pelotas) durante un período aproximado dun mes, co fin de desenvolver a unidade didáctica.

 

Ao longo do curso 2016-2017, máis de 4.000 nenos e nenas beneficiáronse deste programa, que segue crecendo ano tras ano.

 

Para solicitar o uso do material, é necesario cubrir o seguinte formulario:

 

O prazo para a recepción de solicitudes remata o 6 de outubro. A partir desa data establecerase o calendario de traslados e informarase a cada centro da data na que corresponde o material, así como do mecanismo de entrega / recepción.

 

Unha vez rematado o prazo de solicitude, admitiranse inscricións, pero as transferencias estarán suxeitas á dispoñibilidade de paquetes de material.

 

Para aclarar dúbidas pode poñerse en contacto co coordinador: carloscoira@fgtenis.net

Comparte