Tenis na escola 2015-2016

O 2 de outubro pechouse o prazo de solicitude para participar no programa "Tenis na escola".

As escolas e os clubs de tenis teñen a posibilidade de inscribirse neste programa que achega o tenis ás escolas.
 
A Federación Galega de Tenis entrega, durante un mes, un paquete de 25 raquetas e 25 pelotas aos colexios para que os profesores poidan realizar unha unidade didáctica de tenis durante o horario lectivo.
 
Ademais, os clubs interesados ​​poden colaborar coas escolas realizando unha clínica na escola ou no club de tenis, para que os nenos poidan poñer en práctica o aprendido durante o curso.
 
 

 

Comparte