Subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte

Convocadas as subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e grupos deportivos escolares para o desenvolvemento de actividades deportivas.

 

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de maio de 2014.

Na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.es/ atoparás:

  1. Guía básica de solicitudes de 2014: documento de información básica da convocatoria de subvencións, co fin de resumir os aspectos máis importantes da convocatoria e facilitar a tramitación da súa solicitude.
  2. Texto completo da convocatoria publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG do 15.04.2014).
  3. Ligazón ao formulario de solicitude (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  4. Modelo de acreditación da representación legal da persoa que, na solicitude, aparece como representante da entidade.
  5. Ligazón para inscribirse na Plataforma de Xestión de Plans, Programas, Actividades e Eventos de Galicia Saudable.
  6. Ligazón para inscribirse na Plataforma Galicia Activa.

Lémbrase que, tal e como establece o artigo 2 da convocatoria, para ser beneficiarias destas subvencións, as entidades solicitantes deberán adaptar os seus estatutos en función da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. O prazo remata o momento da xustificación da subvención concedida.

 

Comparte