Subcampións na Liga de Veteranos do Atlántico + 45M e 55M 2013

Os equipos galegos que participan na Liga de Veteranos do Atlántico acadaron a prata nas dúas categorías disputadas a pasada fin de semana no Centro Internacional de Tenis Leiria.

Veteranos +45:

Os veteranos proban +45, o equipo galego formado por Carlos Suárez Fernández e Jaime Loureiro Villar, gañou a Coimbra (3-0) e Leiria (2-1), pero perdeu contra os xogadores do Porto. A clasificación final dos equipos:

  1. Campión: Asociación de Tenis do Porto
  2. Subcampión: Federación Galega de Tenis
  3. Asociación de Tenis Leiria
  4. Asociación de Tenis de Coimbra

Na seguinte ligazón publicamos os resultados:

 

Veteranos +55:

Tamén nesta categoría o equipo galego acadou o meritorio segundo posto. José Deus Brage e Pablo González Tenorio venceron a Leiria (3-0) e Coimbra (3-0). Os partidos contra o equipo do Porto foron moi igualados, pero a vitoria final sería para os portugueses (2-1)

A clasificación final dos equipos:

  1. Campión: Asociación de Tenis do Porto
  2. Subcampión: Federación Galega de Tenis
  3. Asociación de Tenis Leiria
  4. Asociación de Tenis de Coimbra

Na seguinte ligazón publicamos os resultados:

A Liga Atlántica é unha competición por equipos que se celebra anualmente entre os equipos da Federación Galega de Tenis e as Asociacións de Tenis Porto, Aveiro, Coimbra e Leiria. En breve publicaremos os datos da próxima proba.

Centro Internacional de Tenis Leiria

Mata do Azabucho - Pousos
Apartado 563
2410-976 Leiria
GPS - N 39º 44´29´´ / W 08º 45´08´´

+ 351 244 801 800

Comparte