Resultados na Liga Atlántica sub10 - Benxamín

Os días 12 e 13 de xullo o equipo galego Benxamín viaxou a Coímbra para xogar a Liga Atlántica Benxamín. Os seguintes equipos de Coimbra, Porto e a Federación Galega de Tenis participaron nesta proba da Liga Atlántica.

A Asociación de Tenis de Coimbra clasificouse no terceiro posto e estivo composta por Laura Pereira (CTC), Leandro Mota (CETC), Bruno Moura (TCFF), Francisco Costa (CTC), José Pinto (CTC), Hugo Costa (TCFF) e os capitáns Ivan Gonsalves e Dinis Figueiredo.

A Federación Galega de Tenis clasificouse no segundo posto e o seu equipo estaba formado polo actual campión do Campionato Galego Benxamín por Equipos, o equipo do Casino Ferrolano TC, composto por María Pérez-Moneo Santos, Aitor Pascual Seijas, Carlos Sicre Maside e Macarena Fernández López. Capitán: Carlos Romero.

Os campións foron os xogadores que representaron á Asociación de Tenis do Porto: Michelle Ortega (CTB), Afonso Cortez (CTP), Francisco Oliveira (CTP), Rafael Andrade (ETM), Pedro Lima (EVS) e Joana Neves (SCP). Capitán: Vítor Ferreira.

Liga Atlántica Benxamín 2008

Para ver todos os resultados, faga clic na seguinte ligazón:

Comparte