Resultados no Campionato de España Junior 2007

Os xogadores galegos Jaime Vázquez Catoira e Alain Garrido Rodríguez acadaron un bo resultado chegando ás semifinais no Campionato de España Junior 2007 celebrado do 18 ao 24 de xuño no Club Mirasierra situado en Madrid.

Imaxe activa Jaime Vázquez e Alain Garrido chegaron ás semifinais no sorteo de dobres do Campionato de España júnior. Para chegar a esta fase tiveron que pasar 3 roldas, facendo un gran partido na final de 1/4, superando á parella formada polo valenciano Carlos Cuenca Navarro e o xogador catalán Emilio Rodríguez Navar no terceiro set por 6/4.

En semifinais enfrontáronse á parella formada polos madrileños Iván Arenas Gualda e Roberto Ortega Olmedo nun primeiro set moi disputado que se decidiu cun descanso cando o resultado era de 65 a favor dos madrileños, que finalmente gañaría a proba.

Ademais de Alain e Jaime, Paula Álvarez Pino, María Varela Piñeiro e Paola Garrido Rodríguez estiveron en Madrid participando neste Campionato de España. A continuación ofrecémosche as táboas de resultados:
- Individual feminino
- Individual masculino
- Dobres femininos
- Dobres masculino

Para ver a galería de fotos deste Campionato, fai clic na foto.

 

Comparte