Resultados de Martín De la Puente no Toyota Open International en Lile de Re

Bos resultados para Martín De la Puente Riobó no Toyota Open International de L'ile de Re en Francia.

Na táboa individual, despois de vencer na primeira rolda ao xogador suízo Daniel Pellegrina, número 1 do seu país, cedeu contra o número 21 do mundo, o francés Gaetan Menguy, nun partido irregular no que Martín acusou o seu descanso nos adestramentos debido a ás súas obrigas académicas.
 
No sorteo de dobres, emparellando co tenista arxentino Gustavo Fernández, gañaron a Guiard / Vuillet cun dobre 6-0 na primeira rolda e a Frakas / Husser na segunda cun resultado de 6-1 6-0, chegando ás semifinais, pero unha indisposición do xogador arxentino obrigounos a non poder disputar o partido.
 
Esta semana Martín participará no Super Series Open de France, celebrado en París, un torneo de primeiro nivel no circuíto mundial de tenis en cadeira.
 

 
Todos os resultados na seguinte ligazón:
Comparte