Resultados finais XIX Campionato Universitario de Vigo

Rodrigo Figueroa e Adriana López campións do XIX Campionato Universitario de Vigo.

Rodrigo Figueroa, favorito do equipo masculino e campión nas pasadas edicións, revalida a súa condición de campión do torneo ao vencer a Xosé Romero, nunha final destacada por un nivel de xogo moi alto no primeiro set, xa no segundo, Romero algo máis esgotado de forza, non puido conter a agresividade do xogo de Rodrigo e os seus constantes cambios de ritmo, sendo o resultado final 76 61.

Mentres, no equipo feminino, Adriana López, no seu primeiro ano na universidade, é a nova campioa ao vencer a Marta Saburido, campioa do 2012 e finalista noutras dúas ocasións, en tres sets por 64 46 62. Ambos xogadores xogaron longos puntos e duro, co xogador que estaba en mellor forma física impoñéndose ao final.

Este campionato selecciona aos xogadores que poderán participar no Campionato de España Universitario 2014 pola Universidade de Vigo, que se celebrará en Elxe do 13 ao 16 de maio.

Comparte