Rafael Izquierdo subcampión na Nike de Alacante

Rafael Izquierdo acadou o título de subcampión na proba Nike Junior Tour celebrada do 16 ao 22 de xuño no Club Atlético Montemar de Alacante.

O xogador infantil, que partiu da cabeza de serie número 1, tivo un torneo fantástico, superando a Eduard Coronado (62 75) na primeira rolda, Ángel Santiago na segunda (62 62), Gonzalo Ferrer (63 75) na segunda rolda e Sergio Gómez nos cuartos (63 75).

En semifinais puido superar un primeiro set ante Álvaro Fernández Horta, o resultado final 36 62 61. Esta vitoria abriu as portas á final que foi un duro partido no que loitou ata o último punto, pero non puido superar o seu rival Carlos López Montagud.

Por outra banda, os alevíns Alejandro Calviño e Jessica Bouzas tamén fixeron un fantástico papel no torneo.

No cadro alevín masculino, Alejandro Calviño conseguiu chegar a cuartos de final, tras vencer a Liro Sakar Vasa (62 63), Jaime Zaragoza (76 62) e Alejandro Turriziani (75 46 63).

Na categoría alevín feminino, Jessica Bouzas conseguiu chegar aos oitavos de final tras superar a Harlowe Robinson cun dobre 60.

Parabéns a todos.

Na seguinte ligazón podes ver as táboas de resultados:

Comparte