Rafa Izquierdo dobra a ITF Norte de África Tlemcen (Alxeria)

O xogador galego licenciado pola JC Ferrero Academy - Equelite, Rafa Izquierdo, gañou o Torneo Internacional de Grao 3 celebrado esta semana en Alxeria.

Rafa gañou ao xogador alxerino Khalil Adel Radjaa 6-3 6-0 na primeira rolda, Yassir Kilani de Marrocos 6-2 6-4 en segunda, en cuartos de final a Anas Chakrouni 6-4 7-5 tamén de Marrocos e nas semis ao portugués Martim Vilela 7-6 (5) 6-3.

 

Xa na final gañou á cabeza de serie número 5, un duro rival de nacionalidade exipcia, Mohamed Abdel-Aziz.

 

Tamén foi campión na táboa de dobres, formando parella con Carlos Sánchez Jover. Na final venceron aos portugueses Salvador Bandeira e Martim Vilela por dobre 63.

 


Parabéns Rafa!

 

Ligazóns relacionadas:


 

Comparte