Proba piloto de competición por equipos veteranos

O Club de Tenis Coruña (Equipo Vermello) proclamouse campión da I Concentración por equipos de veteranos, que se celebrou o 28 de xuño en Ureca, ao vencer ao Club Morado por 4-2, formado por varios xogadores do Mercantil de Vigo, Punta Salera e Ureca.

Proba piloto de competición por equipos veteranos 42 xogadores de idades comprendidas entre os 40 e máis de 70 anos, reuníronse en Ureca ás 9:30 horas do sábado 28, para dar conta dunha xornada de tenis moi quente e longa pero amable e deportiva, que rematou cunha cea de confraternización entre os participantes, e a entrega de trofeos presididos por D. Juan Díaz, presidente de Ureca e D. Antonio Santorio, presidente da Federación Galega de Tenis. Fíxose unha mención especial a Luis Hernández e José Luis Villar por ser os máis vellos do grupo e José Ceide foi o mellor xogador da concentración.

Para ver todos os resultados, faga clic na seguinte ligazón:

Nota: Fai clic na imaxe para visitar o Galería de fotos desta concentración (actualizaremos esta galería a medida que cheguen máis fotos).

 

 

 

Comparte