Programa de indemnización por gastos de resultados 2018

Publícase a nova regulación do programa de compensación por gastos por resultados 2018 e ábrese o prazo para o envío dos méritos.

O prazo para presentar méritos está aberto ata o 14/07/2019 a través do seguinte formulario: 

 

 

Na seguinte ligazón podes consultar a normativa completa do programa:

 

 

 

As condicións do programa son: 

  • Licenza Federativa en vigor pola FGT.
  • Representar á FGT.
  • Participar nas actividades propostas pola FGT.
  • Permitir o uso da imaxe e actos promocionais. 
  • Disputar o campionato galego da súa categoría e o campionato galego absoluto.
  • Orzamento máximo para o programa 4000 €. No caso de superar o orzamento asignado a este programa, aplicarase un coeficiente de redución que se asignará a cada xogador/a.
 
Para os torneos nos que a Federación Galega de Tenis organice unha viaxe, non se poderán presentar os resultados do torneo coas seguintes salvedades: 
  • Que o número de prazas ofertadas non cubra a demanda.
  • Valoración do comité técnico das condicións particulares do xogador/a.
 
Procedemento
 
O xogador terá unha cantidade asignada en función dos resultados do ano anterior.
 
O xogador poderá liberar esa cantidade cando xustifique os gastos. Estes gastos xustificaranse cos torneos da tempada actual. Os conceptos que serán motivo de xustificación son os seguintes:
  • Gastos de viaxe

    • Billetes
    • Viaxa dende o lugar de residencia, multiplicando o KM por 0,19 €.
    • Aluguer de vehículos, Taxi, etc.
  • Gastos de aloxamento.
  • Gastos de vida.
  • Taxas de inscrición no torneo.
  • Dietas do adestrador.
A xustificación pode incluír os gastos ocasionados polo xogador e o adestrador no devandito torneo. 
 
Comparte