Procedementos de solicitude de licenza

Hai dous procedementos para solicitar unha licenza: licenzas de club e licenzas independentes.

 

Licenzas de club:

 

  • O xogador solicita a licenza ao club a través da aplicación FGT. http://oficina.fgtenis.net
  • O club acepta ao xogador na sección "Prefacturas de licenza" da aplicación.
  • O club debe "xerar prefactura" das licenzas aceptadas na FGT a través da aplicación. 
  • O club deberá facer unha transferencia ao número de conta (ES83 2080 5527 0530 4000 0936) á FGT por cada prefactura xerada.
  • A FGT valida as licenzas e xera a factura aos clubs cando esté ingresado o importe das licenzas. Estas facturas están dispoñibles para o Club na sección de facturación de cada club.

Taxas de licenza

 

Licenzas independentes:
 
  • O/A xogador/a solicita a licenza ao FGT a través da aplicación http://oficina.fgtennis.net, indicando na sección de clubs (Pontevedra independente, Ourense independente, Coruña independente ou Lugo independente) segundo a poboación do xogador. 
  • O/A xogador/a realiza a transferencia no número de conta (ES83 2080 5527 0530 4000 0936) ao FGT e envía o comprobante do pago ao enderezo de correo electrónico info@fgtenis.net Tamén debe indicar no correo a "provincia pola que realizou a solicitude" + independente.
  • A FGT valida a licenza e envía a factura e o certificado ao xogador/a.
  • IMPORTANTE: no campo CLUB marcar a opción Provincia + Independente

Taxas de licenza

Estamos a recibir moitos ingresos con cantidades incorrectas: os prezos das licenzas son de 22 € para xogadores de ata 18 anos e 44 € para maiores de 18 anos. No caso de ser a primeira licenza, o custo sería: 15 € para xogadores/as de ata 18 anos e 25 € para maiores de 18 anos. A aplicación nunca amosará o prezo das primeiras licenzas xa que debemos comprobalo desde administración. 

 

 

Comparte