Procedemento de recoñecemento de deportistas galegos de alto nivel (DGAN)
O secretario xeral para o Deporte inicia un novo período para o envío de solicitudes de recoñecemento de deportista galego de alto nivel (DGAN) durante todo o mes de novembro.
Os interesados deben presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con todos os datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo atleta ou polo seu titor se é menor de idade.
- Unha vez cuberta a devandita solicitude, o secretario da federación, coa aprobación do presidente, asina e sela a devandita solicitude.
- A federación emitirá un certificado de posesión dunha licenza válida a partir do 1 de xaneiro de 2016 como mínimo.
- Os interesados presentarán unha fotocopia do seu DNI.
- Certificado de rexistro
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas ou na Escola Galega de Administración Pública, EGAP (rúa Madrid 2-4 (2o andar) - 15781 Santiago de Compostela)
Máis información na seguinte ligazón: