Procedemento de rescate de vales Babolat

O 16 de decembro de 2013 remata o prazo de solicitude de amortización de puntos Babolat.

A continuación ofrecémoslle o Catálogo que nos enviou Babolat e o documento de solicitude para o intercambio de puntos por material deportivo Babolat:

PROCESO:

Ten que enviar á Federación Galega de Tenis, por fax ao 986207399 ou por correo electrónico a info@fgtenis.net, a copia do seu vale xunto co documento anterior debidamente cuberto e selado pola tenda onde desexa recibir o material. Esta é a ligazón ás tendas:

A Federación Galega de Tenis será a encargada de enviar os vales confirmados e aprobados a Babolat VS España.

Canto antes, Babolat enviará o material á tenda que cada xogador seleccionou na súa solicitude.

IMPORTANTE: A firma deportiva Babolat recomenda racionalizar a xestión dos vales na medida do posible para mellorar a loxística de entrega, facendo especial fincapé no envío dos vales antes ou durante a primeira semana de decembro (do 2 ao 7 de decembro).

Comparte