Procedemento para o rescate de vales Babolat (límite o 1 de decembro de 2012)

A continuación ofrecemos o Catálogo que nos enviou Babolat e o documento de solicitude para o intercambio de puntos por material deportivo Babolat:

PROCESO:

Ten que enviar á Federación Galega de Tenis, por fax ao 986207399 ou por correo electrónico a info@fgtenis.net, a copia do seu vale xunto co documento anterior debidamente cuberto e selado pola tenda onde desexa recibir o material. Esta é a ligazón ás tendas:

A Federación Galega de Tenis será a encargada de enviar os vales confirmados e aprobados a Babolat VS España.

Canto antes, Babolat enviará o material á tenda que cada xogador seleccionou na súa solicitude.


Comparte