Primeiras sesións do Curso de Introdución ao Tenis na Escola

O pasado venres 19 e sábado 20 celebráronse as 2 primeiras das 4 sesións que compoñen o Curso de Introdución ao Tenis na Escola. Nesta ocasión, o departamento de docencia viaxou ao colexio Juan Fernández Latorre da Coruña para formar a 17 profesores de educación física.

A actividade rematará esta fin de semana nas instalacións da Escola de Tenis Canabal. Como parte final da súa formación, os profesores implementarán un módulo de tenis nos seus centros de traballo cos seus alumnos e con material proporcionado pola Federación.

Este mesmo proxecto comeza este venres 27 en Vigo nas instalacións do CIFP Manuel Antonio co mesmo formato e obxectivos.


Comparte