Primeiro Curso Nacional de Especialista Técnico en Psicoloxía Aplicada ao Tenis en Madrid

Celebrada esta fin de semana (29-30 de abril) nas instalacións da RFET na Caixa Máxica. En nome do comité docente da FGT, Ronald Álvarez viaxou co obxectivo de realizar unha avaliación do curso para optar a unha edición na nosa comunidade.

O resultado final é positivo tanto no contido como no profesorado. As materias foron impartidas por Eva Borras (Máster en psicoloxía do deporte e psicóloga pola academia Equelite) e Itziar Eraña (Máster en Psicoloxía do Deporte. Profesora de Psicoloxía do Deporte na Universidade Europea de Madrid). A FGT solicitará opcións de data para poder ofrecela aos nosos técnicos, mellorando a súa calidade e actualizándoos.

Ronald Álvarez

Comparte