Primeiro curso do bloque común para adestradores de nivel 1

A continuación poñemos á súa disposición a documentación informativa e o formulario de inscrición para a realización da parte correspondente ao Bloque Común do Curso de Adestrador de Nivel 1.

Este curso é válido para obter esta cualificación nas federacións galegas suxeitas á normativa vixente para o período transitorio segundo os reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, BOE nº 20, do 23 de xaneiro de 1998 e 1363/2007 do 8 de novembro de 2007, BOE no 268, de 8 de novembro de 2007, ambos do Ministerio de Educación e Cultura.

O curso é gratuíto e válido para continuar estudos e obter o título de Adestrador de Nivel I en calquera das disciplinas deportivas recoñecidas polas federacións galegas agás aquelas que xa teñen os seus estudos regulados nos centros oficiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en centros de titularidade federal ou privada dos seguintes deportes: atletismo, baloncesto, balonmán, deportes de inverno, deportes de montaña e escalada, fútbol e fútbol sala.

O Bloque específico do curso de adestrador de nivel 1 será organizado e convocado en breve pola Federación Galega de Tenis. Os interesados ​​nela poden enviar a info@fgtenis.net a folla de rexistro.

 

Comparte