Participación de xogadores galegos no TTK de Xixón

Estes son os resultados dos xogadores galegos que participaron no TTK Warriors of Gijón:

Na categoría infantil, Rodrigo Pérez Crespo chegou ás semifinais ao derrotar a Santiago Arias Rozas por 7-5 6-1 e a Nicolás Galofre Herrero cun dobre 6-2. Despois caeu por 6-2 6-7 (5) 6-3 ante Miguel Avendaño Cadena, un xogador que finalmente gañaría o título de campión.

Marta Acción Mariño participou en dúas categorías, na máis nova gañou 4-0 5-3 na primeira rolda contra Martina Rodríguez Álvarez e logo perdeu en semis contra Elene Churruca Murua 5-3 4-0; e no equipo alevín non conseguiu gañar a Katia Bances Iglesias, unha xogadora de 11 anos cunha clasificación moito mellor que a galega.

Helena De la Puente Riobó participou na categoría infantil, pasou a primeira rolda cun adeus e na segunda rolda non conseguiu superar a Xana García Gil.

 

As táboas poden consultarse no seguinte enlace:

 

Comparte