Pablo Léon Reyero campión no X Torneo de Tenis Sénior Open

O xogador galego con licenza do Club Deportivo Univerdidade de Vigo, Pablo León Reyero, conseguiu ser campión no Torneo Internacional Sénior celebrado do 5 ao 10 de marzo en Marbella.

Na categoría +45, gañou á cabeza de serie número 6 Sorin Donescu (ROU) cun gran resultado 3-6 4-1 nos cuartos de final. Despois superou un duro partido nas semifinais, logrando un 1-6 contra o alemán Mirko Haefner, o resultado final 1-6 7-6 (6) 7-6 (6). Finalmente na final, logrou vencer á cabeza de serie número 2 de Michael Austen (GER) cun 7-6 (1) 6-0. Parabéns Pablo!
 
Ademais de Pablo, outros xogadores galegos participaron neste torneo internacional. Destacamos o resultado de Fernando Pablos Benavides, que conseguiu chegar aos cuartos de final na categoría +55.
 
Todos os resultados pódense consultar premendo aquí.
 
Comparte