Olivia Sánchez gaña o tenis feminino internacional "Cidade de Vigo"

Olivia Sánchez gaña o Torneo Internacional Feminino de Tenis "Cidade de Vigo" - II Copa Caixanova despois do abandono da neozelandesa Marina Erakovic.

Marina Erakovic non xogou na final por unhas molestias que estivo arrastrando toda a semana. Deste xeito, a francesa Olivia Sánchez impúxose contra todo prognóstico no Torneo Internacional Feminino de Tenis “Cidade de Vigo” - II Copa Caixanova.
Ante a imposibilidade de Erakovic de xogar, a organización decidiu, para non defraudar ao gran público que abarrotaba as bancadas en Samil, que o tenista Gala xogase un partido de exhibición con Carla Suárez, a xogadora de Gran Canaria que xogou e gañou o día anterior a final de dobres emparellada con Estrella Cabeza.

Ao remate do encontro entregáronse os trofeos, presididos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e nos que tamén estiveron presentes Jorge Santos, en representación de Caixanova, e Antonio Santorio, presidente da Federación Galega de Tenis.

Nas seguintes ligazóns atoparás a crónica e as táboas de resultados actualizadas:

Para ver a Galería de Fotos deste torneo internacional feminino celebrado en Vigo, fai clic na seguinte ligazón:

Imaxe activa

Comparte