Novo período de alegacións á modificación dos estatutos da Federación Galega de Tenis.

Publícase o novo calendario de accións a seguir para a modificación dos Estatutos por non ter recibido alegacións no período estipulado e por iso a Xunta Directiva, en aras da participación de todos os axentes do Tenis de Galicia, abre un novo período para presentalos.

Coa publicación da Lei 3/2012, do 4 de abril, do deporte de Galicia, xorde a necesidade de modificar os estatutos para adaptalos ao novo marco legal.

É por iso que a Federación Galega de Tenis inicia un proceso que levará á redacción dos novos estatutos que se axustarán temporalmente á táboa que se mostra a continuación.

CALENDARIO DE ACCIÓNS

  • Publicación dos estatutos e memoria explicativa das modificacións: 31/10/2013
  • Novo período de emendas, alegacións e propostas: do 31/10/13 ao 15/11/13
  • Publicación do texto final e envío aos membros da Asemblea: 29/11/2013
  • Aprobación, se procede, do novo texto estatutario: Asemblea Xeral

As emendas, alegacións e propostas poden enviarse ao correo electrónico info@fgtenis.net do 31/10/13 ao 15/11/13

DOCUMENTACIÓN:

 

Comparte