Novo cambio de datas no calendario do circuíto xuvenil

Informámosche dun novo cambio de datas no Circuíto Galego Xuvenil. Trátase do Campionato Galego Cadete organizado pola Squash de Santiago e que se celebrará do 28 de xullo ao 4 de agosto.

Lembramos que os seguintes torneos viron modificadas as súas datas:

  • A 3a Proba do Circuíto Galego Xuvenil de Tenis Babolat organizada polo Recreo Cultural da Estrada. As novas datas serán do 17 ao 24 de xullo.
  • Campionato Galego Cadete 2010 organizado por Squash de Santiago. A proba masculina será do 28 de xullo ao 4 de agosto de 2010, a proba feminina do 30 de xullo ao 4 de agosto de 2010.

A continuación ofrecémoslle o polidíptico e o cartel do Circuíto Galego Xuvenil de Tenis Babolat 2010 actualizado coas novas datas:

Comparte