Nova funcionalidade na aplicación para rexistrar licenzas

A petición de varios clubs, implementamos unha nova funcionalidade na aplicación da Federación Galega de Tenis, que facilita a introdución de datos para rexistrar novas licenzas.

A partir de hoxe, cada xogador pode introducir os seus datos para rexistrar novas licenzas de club, simplemente entrando na aplicación http://oficina.fgtenis.net/ e premendo no botón botón vermello [Rexistro de licenza].

 

As solicitudes irán directamente á sección de aplicacións de cada club.

 

Non haberá cambios no procedemento de pre-facturación e pagamento, son os clubs os que xeran as prefacturas e fan o pago por elas.

 

Ata agora, a Federación, ao recibir o pagamento do club, activará e facturará as licenzas.

 

 

Comparte