Nova Escola de Tenis Adaptado en Santiago

A Escola de Tenis Adaptada de Santiago presentouse o pasado venres 1 de xuño nun acto organizado pola Federación Galega de Tenis.

Despois das explicacións sobre o tenis adaptado que Juan Hernández, presidente do Comité Galego de Tenis Adaptado, deu aos asistentes, tivo lugar unha exhibición de tenis de cadeira e unha clase práctica.

Esta actividade forma parte das accións da Federación Galega de Tenis no seu labor de promoción do Tenis Adaptado. O seu obxectivo de promover o tenis para persoas con discapacidade conta coa colaboración da escola de tenis Marineda, pioneira neste deporte.

A Federación Galega de Tenis financiará as clases, que serán
desenvolverase os meses de xuño e xullo no pavillón de
Restollarlentre, cedido polo Concello de Santiago.

Novas relacionadas:

Comparte