Noemí Novo chega ás semifinais no Marca de Barcelona

A tenista galega do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Noemí Novo Pereira consegue chegar ás semifinais no Torneo de Marcas Young Promises de Barcelona celebrado do 10 ao 18 de maio no Prat de Llobregat.

Noemí Novo chega ás semifinais no Marca de Barcelona Noemí, que comezou como cabeza de serie número 4 da táboa, obtivo este gran resultado tras derrotar á xogadora catalá Giovanna Mandon Grigioni por 4-6 6-4 6-3; Na segunda rolda enfrontouse a Kana Grace Daniel (6-2 6-4) e en cuartos de final gañou 6-1 6-2 ao número 8 de cabeza de serie, a xogadora menorquina Gemma Triay Pons.

As semifinais fixeron que Noemí tivese que enfrontarse á cabeza de serie número 1 do torneo Sandra Gonzalez Salas (6-7 6-4 6-2), xogadora que perdeu na final contra a catalá e cabeza de serie número 6 Teresa Pladevall Oroz (6-4 6-3).

Para ver as táboas de resultados, faga clic na seguinte ligazón:

- Gráfico de resultados da marca Barcelona 2008

 

Comparte