Nilo Rubén Pérez Calo campión no Campionato Senior de Tenis

Nilo Rubén Pérez Calo campión no Campionato Senior de Tenis, Torneo Internacional celebrado do 18 ao 22 de setembro en Marbella.

O Club Tenis-Deporte Don Carlos acolleu o 18-22 de setembro a quinta cita en Marbella do circuíto mundial de veteranos da ITF, con vitorias españolas en 4 das 13 probas individuais: Juan Gámez (+59), Nilo Rubén Pérez (+65), Félix Candela (+80) e Carmen Chillida (+60 )).
 
O galego Nilo Rubén Pérez (+65) campión de +65 despois de vencer ao suízo Rolf Spitzer por 6-3 6-4 logrando así a vitoria deste torneo sénior de grao 2.
 
Na categoría de dobres +60 Nilo Rubén xogou en parella co español Isidro Berdascas, lograron chegar á final aínda que non gañaron o título, perdendo contra Peter Schreckenberg e Paul Shulte por 6-1 7-5.
 
 
Podes consultar as táboas nas seguintes ligazóns:
 
 
 
Podemos destacar que Nilo Rubén foi preseleccionado pola RFET para xogar con España no campionato do mundo que se celebrou en Croacia.
 
 
No mes de novembro viaxará a América para comprometerse en dous campionatos sénior:
 
  • XXXIV Seniors Internacionais de Porto Alegre - do 4 ao 10 de novembro - Brasil - Grao A
  • Torneo Internacional Copa Seniors Alfredo Trullenque - do 10 ao 17 de novembro - Santiago de Chile - Grao A.

 

 
Dende FGT felicitámoste pola túa vitoria e desexámosche moita sorte para América

 

Comparte