Miguel Casal gaña o Campionato Galego APE 2007

Miguel Casal gaña o Campionato Galego APE - Memorial Nicanor Escudero, celebrado do 8 ao 30 de setembro nas instalacións deportivas do Sporting Club Casino da Coruña.

O Campionato Galego APE - Memorial Nicanor Escudero, está reservado a profesionais do ensino do Tenis e naceu por iniciativa do club herculino como un xeito de homenaxear a Nicanor Escudero, un dos principais artífices do desenvolvemento deste deporte en o Club e en Galicia.

No terreo competitivo destacou a presenza de Miguel Casal e Iago Fernández-Reija, aínda que unha prematura lesión do segundo impediu reeditar a final dos dous últimos Campionatos Galegos Absolutos.

Cómpre destacar tamén o bo papel que xogaron os xogadores do Club (Xosé A. Añón, Manuel Núñez e Brais Pérez), que alcanzaron un notable nivel a pesar das distintas lesións que arrastraban.

O Sporting Club Casino da Coruña organizou unha agradable cea entre un bo número de participantes na noite do sábado 29. Espérase que o formato continúe e que cada vez sexan máis os participantes que se unan á comida de confraternización e que sexa posible reunirse co maior número de profesionais do ensino durante un par de días sen outro propósito que xogar a tenis e charlar sobre o deporte.

A continuación ofrecemos algúns enlaces para que poida ver a táboa de resultados, as bases e o programa deste importante Campionato Galego:

  • TÁBOA DE RESULTADOS Campionato Galego APE- Memorial Nicanor Escudero
  • Bases Campionato Galego APE- Memorial Nicanor Escudero

Nos próximos días o Club organizador enviaranos algunhas fotos da entrega de trofeos que publicaremos nunha galería de fotos dedicada a este Campionato Galego.

 

Comparte