Mejuto campión +60 e Carreira subcampión +35 na ITF de Cantanhede

Grandes resultados dos xogadores galegos que participaron no Torneo Internacional Senior de Cantanhede celebrado en Portugal a pasada fin de semana.

Destacamos a Fernando Mejuto Pérez, campión en +60 e a Carlos Carreira Cruz, subcampión nas categorías individual e dobres +35, facendo parella co portugués Alessandro Motta.

No dobre +45 José Mosquera Casero e Xosé Arturo Guede Toral fíxose coa vitoria.

Nilo Rubén Pérez Calo no sorteo individual +55 completou a participación galega.

Parabéns a todos polos fantásticos resultados.

Para ver as imaxes podes facer clic na seguinte ligazón:

Nota: Intentaremos publicar outra foto con todos os participantes.

 

Comparte