Mestre Rexional Masculino 2006

Os vindeiros 6 e 7 de xaneiro, o Concello de Ribeira en colaboración co Club de Tenis Punta Salera e a Federación Galega de Tenis, organiza o Mestre Rexional Masculino 2006, un torneo coa homologación número 52/07. Celebrarase nas pistas de tenis dos pavillóns Coroso e Sirves do concello de Ribeira.

 

Durante a fin de semana poderemos desfrutar dos 16 xogadores mellor clasificados de Galicia: Miguel Casal, Rodrigo Figueroa, Juan Maneiro, Pablo Mosquera, Javier Castillo, Álvaro Álvarez, Miguel Veiga, Victor Saez, Jorge Vázquez, Manuel Nuñez, Carlos Rivas, Adrián Salgado, Hugo Santorio, Agustin Leyenda, Conrado Lopez, Hugo Taracido.

Pablo Lijo, ocupa o posto 17, sendo invitado do patrocinador principal, o Excmo. Concello de Ribeira.

 

Para ver a táboa do Master Rexional Masculino faga clic na seguinte ligazón:

Nota: Confirmación de horarios chamando a Jesús Iglesias (630 145 712)

Comparte