Martin Varela e Álvaro Illobre coa Selección Española en Suíza

Hoxe Martín Varela e Álvaro Illobre viaxan como parte da expedición da selección española a Suíza, un torneo celebrado en Biel / biennes.

Non é a primeira vez que os galegos viaxan a este torneo, e coa selección nacional pero xogando individualmente esperan sumar puntos para o ranking internacional, un ranking que decidirá en maio que xogadores asistirán aos xogos paralímpicos de Londres 2012.

Asisten os galegos, Dani Caverzaski e as rapazas Lola Ochoa e Elena Jacinto, xunto co adestrador David Sanz.

Hoxe viaxan e o xoves todos comezan a competición no sorteo principal, aínda que polo momento non coñecen aos rivais, ata o sorteo que terá lugar mañá pola tarde.

Información extraída de Blog de Álvaro Illobre

 

 

Comparte