Martín Varela Dourado campión no Open de Tenerife

O galego titulado na escola de tenis Marineda, Martín Varela Dourado foi o campión no IV Open Isla de Tenerife de Tenis en Silla, que se celebrou do 11 ao 14 de novembro no Complexo Insular Santa Cruz-Ofra.

Martín xogou a final contra o segundo cabeza de serie, o aragonés Carlos Pina, ao que gañou en tres sets por 60, 46 e 63.

Nos dobres, Martín estivo emparellado con Daniel Prada, tamén de Galicia. Ambos conseguiron ser os subcampións da táboa. Caeron na final contra Tena / Pina.

Con esta vitoria, Martín Varela suma o seu terceiro título da tempada e prepárase para o Master Nacional que se celebrará en Madrid a principios de decembro.

Estas son as táboas de resultados:

 

Comparte