Martín De la Puente proclámase campión galego de tenis de cadeira 2017

O xogador do RC Náutico de Vigo Martín De la Puente Riobó proclamouse nas instalacións da RSD Hípica da Coruña como campión galego de tenis de cadeira 2017.

A súa gran forma mostrouse nesta competición, desfacendo claramente a Juan Gutiérrez por 6-1 6-0 en semifinais e na final á que chegou o incombustible Álvaro Illobre tras derrotar a Daniel Prada García en semifinais por 6-1 6 -0, Martín impuxo un gran ritmo e calidade aos seus golpes contra os que Álvaro non atopou o xeito de contrarrestar, pechando o partido 6-0 e 6-3.

Na entrega de premios acompañáronnos:

D. Jose María Ogea. Representante do club RSD Hípica da Coruña.

D. Gabriel Ferández. Secretario da Federación Galega de Tenis.

D. Marco Casal. Director Deportivo Federación Galega de Tenis.

Señor Borja Iribarren. Árbitro.

 

Na seguinte ligazón podes ver as imaxes:

 

 

 

Comparte