Martín De la Puente gañou o título de campión Open de ATH

O tenista galego de cadeira Martín De la Puente acadou o título de campión do Torneo Internacional Open ATH celebrado do 16 ao 19 de agosto en Bélxica.

Na primeira rolda eliminou ao favorito, o arxentino Agustín Ledesma cun gran resultado 6-3 6-1 e nos cuartos gañou a Ricky Molier (NED) en tres sets 6-3 3-6 7-6 (0).
 
En semifinais desfíxose do belga Jef Vandorpe cun claro resultado de 6-2 6-0.
 
Na final, gañou o título ao vencer por 6-3 6-0 ao holandés Ruben Spaargaren.
 
Con este resultado Martin situarase na posición 20, dentro dos 20 primeiros do ranking mundial. Parabéns Martín !!
 
 
Todos os resultados na seguinte ligazón:
 
 
Comparte