Martín De la Puente gaña o Open da Baie Somme

Martín De la Puente gaña o Open da Baie Somme celebrado do 3 ao 6 de outubro en Rue-Le Crotoy, Francia.

Este torneo pertence ao circuíto mundial de tenis en cadeira junior.

Na fase de round round, Martín gañou ao belga Jef Vandorpe 63 62, ao holandés Mitchel Graauw 61 62, ao Justin Peraux tamén ao belga 60 61 e ao grego Rafail Patronidis 60 60.

Resolveu a final cun claro dominio, superando 62 61 a Mitchel Graauw.

Esta semana Martín xogará o Campionato de España para as comunidades autónomas de tenis de cadeira, representando a Galicia xunto con Álvaro Illobre e Félix García (ver novas).

Comparte