Martín De la Puente gaña o Open City de Móstoles de Tenis en Silla

Final galega na IV edición do Open Ciudad de Móstoles de Tenis en Silla, celebrado no Centro Deportivo Municipal "Villafontana" (Madrid), do 30 de abril ao 2 de maio.

Martín De la Puente e Álvaro Illobre protagonizaron unha final moi igualada que caeu do lado do novo xogador do Real Club Náutico de Vigo, cunha puntuación de 64 76 (8).

 

Na táboa de consolación, outro xogador galego, David De Santiago perdeu na final lesionándose no terceiro set.

 

Grandes resultados para os tres xogadores, aos que felicitamos.

 

As táboas poden consultarse no seguinte enlace:

 

Comparte