Finalista Martín De la Puente na ITF Emilio Sánchez Vicario

O mozo xogador galego Martín de la Puente Riobó segue engadindo brillantes resultados á súa tempada de tenis de cadeira, chegando á final do Torneo Internacional ITF 3.

A semana pasada participou xunto cos xogadores galegos: Martín Varela, Félix García e Daniel Prada no torneo internacional ITF3 Fundación Emilio Sánchez Vicario celebrado nas instalacións da Cidade da Raqueta en Madrid.

De la Puente logrou chegar á final tras derrotar ao xogador italiano Luca Arca en oitavos de final 6-7, 6-1 6-4 nun vibrante partido. Os cuartos de final enfrontárono á cabeza de serie número 3, o madrileño Daniel Caverzaschi, ao que gañou por 7-6 e 6-4 noutro intenso duelo. Xogou a semifinal contra o xogador marroquí Boukartacha, cabeza de serie 2 do torneo e número 32 do ranking mundial, ao que gañou por 7-5 e 6-4. Na final o xogador inglés Alfie Hewett, número 19 do ranking mundial, gañou por 6-3, 6-2.

O resto de xogadores galegos non tiveron moita sorte. Félix García caeu na segunda rolda co inglés Hewett por un dobre 6-1. Martín Varela enfrontouse ao xogador marroquí Boukartacha na segunda rolda, cedendo 6-1, 2-6, 3-6. Pola súa banda, o coruñés Daniel Prada enfrontouse ao holandés Berry Korst, caendo por 0-6, 1-6

Ligazón ás táboas:

Outras ligazóns:

 

Comparte