Martín De la Puente nos Xogos Paralímpicos de Río 2016

Remata a participación do mozo tenista galego Martín De la Puente Riobó nos Xogos Paralímpicos de Río 2016:

Estes foron os seus resultados:

 

No empate individual, gañou ao xogador brasileiro Carlos Santos na primeira rolda cun resultado de 6-1 6-4. En segunda non puido superar ao arxentino e quinto cabeza de serie destes xogos Gustavo Fernández, o resultado 6-2 6-4.

 

No dobre aparellouse con Daniel Caverzaschi. Pasaron a primeira rolda con BYE e na segunda venceron aos belgas Mike Denayer e Joachim Gerard en tres sets 7-5 6-7 (4) 6-2. Nos cuartos de final non lograron superar á forte parella formada por dous británicos, Gordon Reid e Alfie Hewett, segundos sementes, que foron a semifinais cun resultado de 6-2 6-0.

 

Os nosos parabéns aos catro tenistas que representaron a España nestes Xogos Paralímpicos.

 

Nas seguintes ligazóns podes consultar os resultados:

 

Martín De la Puente nos Xogos Paralímpicos de Río 2016

 

Outras ligazóns:

 

Comparte