Martín de la Puente gaña o seu primeiro Torneo Nacional en Móstoles

Celebrouse o Torneo Nacional de Tenis de Cadeira “Ciudad de Móstoles”, no que impúxose o mozo xogador galego de 14 anos, que representaba un novo fito deportivo no tenis de cadeira, xa que era o xogador máis novo que se impuxo nun torneo desa categoría.

Martín, que comezou como cabeza de serie número 2, chegou ás roldas finais, enfrontándose ao xogador galego Daniel Prada en cuartos de final, en semifinais gañou á súa parella de dobres e tamén membro do equipo español júnior, Félix García. Na final venceu ao xogador rioxano, cabeza de serie número 1, Juanjo Rodriguez, ao que venceu nun duro partido por 7-5, 6-3.

Na categoría de dobres, a parella galega júnior De la Puente-García chegou á final, renunciando ao título nun axustado terceiro set.

Este torneo reforza a excelente tempada que leva a cabo o tenista de cadeira, que recentemente foi finalista no Torneo Nacional de Ferrol e na primavera pasada gañou o campionato júnior junior do mundo coa selección española.

Para ver as táboas de resultados podes facer clic na seguinte ligazón:

 

Comparte