Martín De la Puente arrasa na Prague Cup Czech

Martín De la Puente logrou un novo dobrete como campión nas categorías de individuais e dobres do Torneo Internacional Prague Cup Czech.

Martín comezou como cabeza de serie número 1 do cadro e por este motivo quedou exento da primeira rolda. Despois, en cuartos de final, endosoulle un dobre 62 ao xogador local Michal Stefanu (CZE).
 
63 61 foi o seu resultado en semifinais contra Joseph Riegler (AUT) e o venres, na final, gañou ao seu compañeiro Daniel Caverzaschi cun dobre 63.
 
 
No cadro de dobres e formando parella con Daniel Caverzaschi, tamén acadou a vitoria, remontando un primeiro set en contra na final, que disputaron contra a parella formada por Kamil Fabisiak (POL) / Martín Legner (AUT). O resultado final 46 62 [10-8]
 
 
 
Os cadros pódense atopar na seguinte ligazón ao sitio web da ITF:
 
Comparte